jueves, 13 de diciembre de 2012

COIDADO CON INTERNET...


OLLO, EN INTERNET…

Normas básicas de seguridade para os nenos e nenas en INTERNET


1º. Non lle des nunca información persoal sobre ti, o teu colexio ou a túa casa. Non envíes fotografías sen o permiso dos teus pais.

2º. Non respondas nunca a mensaxes ou tablóns de anuncios nos que se inclúan mensaxes agresivos, obscenos, ameazantes ou que te fagan sentir mal.

3º. Moito coidado cando alguén te ofreza algo por nada en Internet, e te den unha dirección á que acercarte a por un regalo. Se asistes debe ser cos  teus pais ou con algún adulto.

4º. Cando recibas ou atopes unha información que te faga sentir incómodo/a díseo inmediatamente aos teus pais ou profesores.

5º. Non quedes con ninguén descoñecido sen o permiso dos teus pais e sen a súa presenza.

6º. Lembra que a xente que navega por internet non sempre é quen di ser, porque non os podes ver nin oir. Por exemplo: cando alguén te diga por Internet que é unha nena de 12 anos, pode ser un señor de 45.

7º. Coñece aos teus amigos de internet da mesma forma que coñeces aos  outros amigos. Non lles permitas cousas que non lles permitirías aos que tes agora.

8º. EN CASO DE DÚBIDA AVISA AOS TEUS PAIS OU AOS TEUS PROFESORES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario