Acércase o 17 de maio... Nesa data celebramos o Día das Letras Galegas.
Celebramos esta sinalada data (instituida en 1963 pola Real Academia Gallega) para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria no idioma galego o pola súa defensa da nosa lingua).
Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos dende o seu falecemiento.
Dende a instauración desta celebración cultural, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas y Mendinho, famosos polas súas cantigas.
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, se publicou en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.
Este ano, Roberto Vidal Bolaño, é o artista a quen se lle adica esta especial honra.
Queres saber algo máis desta persoa? Clica nas imaxes de abaixo.
Muy chulo. Nicolás
ResponderEliminar