jueves, 9 de mayo de 2013

CARTA DE AGRADECEMENTO A RADIO VIGO


Saída Radio Vigo

(26 abril 2013)

 
O pasado día 26 de abril de 2013, alumnado do terceiro ciclo do CEIP Valle Inclán de Vigo, participou nunha actividade complementaria en RADIO VIGO.
 
Queremos agradecerlles a Salva, a Carlos e aos seus compañeiros, así como a todas aquelas persoas que posibilitaron que se puidese facer esta visita.

Aos rapaces de quinto de EP esta actividade pareceunos unha oportunidade moi orixinal e divertida na que aprendimos cousas novas dunha forma diferente.

O que máis nos gustou foi a radio pero a televisión tamén estivo moi ben. En fin encantounos  toda a visita!

Con Salva, na radio, aprendimos que as hueveras e os paraventos sirven para non oír con eco e para que non se escoite a nosa respiración ou o vento cando falamos polo micro.

Tamén fixemos uns anuncios ou “cuñas publicitarias” sobre o cole e aprendimos que hai diferentes postos de traballo nunha mesma emisora: locutores, técnicos, ...

Na televisión, con Carlos, vimos que no plató había varias cámaras, cables e un fondo verde utilizado para o efecto “croma”. Ademáis, cunha manta da mesma cor fixémonos invisibles coma Harry Potter nas suas películas.

Foi unha actividade impresionante. Esperamos repetila algún día, xa que foi moi divertido explorar estes platós. Por iso, gustaríanos agradecerlles a invitación e que puidésemos entrar e compartir con vós esa mañán.
 

Moitísimas gracias.

 

Alumnado de 5º de Ed. Primaria.

 
 Vigo , 6 de mayo 2013
 
 
Carta redactada por Adrián, Sara, André, Wendy e Pedro.
Copiada e subida ao blogue de aula por Nagore.
 


 

1 comentario: