VISITA A RADIO VIGO
O
pasado día 26 de abril de 2013, alumnado do terceiro ciclo do CEIP
Valle Inclán
de Vigo, participou nunha actividade complementaria en RADIO VIGO.
Queremos
agradecerlles a Salva,
a Carlos
e aos seus
compañeiros,
así como a
todas aquelas persoas que posibilitaron que se puidese facer esta
visita.
Aos
rapaces de quinto de EP esta actividade pareceunos unha oportunidade
moi orixinal e divertida na que aprendemos cousas novas dunha forma
diferente.
O
que máis nos gustou foi a radio pero a televisión tamén estivo moi
ben. En fin, encantounos toda a visita!
Con
Salva, na radio, aprendemos que Radio Vigo é unha gran compañía
que está presente non só na radio e que leva moitos anos na nosa
cidade. Tamén vimos cousas máis técnicas e aprendeunos que as
“hueveras” e os paraventos serven para non oír con eco o que se
grava e para que non se escoite a nosa respiración ou o vento cando
falamos polo micro.
Tamén
fixemos uns anuncios ou “cuñas publicitarias” sobre o cole e
aprendemos que hai diferentes postos de traballo nunha mesma emisora:
locutores, técnicos, ...
Na
televisión, con Carlos, vimos que no plató había varias cámaras,
cables e un fondo verde utilizado para o efecto “croma”. Ademais,
cunha manta da mesma cor fixémonos invisibles coma Harry Potter nas
súas películas.
Foi
unha actividade impresionante. Esperamos repetila algún día xa que
foi moi divertido explorar estes platós. Por iso, gustaríanos
agradecerlles a súa invitación e compartirades con nós esa mañá.
Moitísimas
gracias.
Alumnado
de 5º de Ed. Primaria.
Vigo , 6 de maio 2013
Vigo , 6 de maio 2013
Profe como se pubicaba en el blog, esque no me acuerdo?
ResponderEliminarSara.