Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de mayo de 2013

Carteis dixitais

Este ano, para conmemorar o Día das Letras Galegas, elaboramos varios carteis dixitais co programa GIMP. A continuación tedes a presentación na que tamén se atopan os feitos polos vosos compañeiros de sexto. Bo traballo!

 

martes, 21 de mayo de 2013

CARTEIS DÍA DAS LETRAS GALEGAS...


En breve subiremos ao blogue os carteis elaborados co programa GIMP para conmemorar o Día das Letras Galegas...

viernes, 10 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS (TRABALLO ABALAR)

Queredes aprender e repasar moitas cousas interesantes sobre esta fermosa data?
Se é así, clica na imaxe e disfruta desta actividades...

jueves, 9 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS (CEIP GARCÍA BARBÓN)

No CEIP García Barbón tamén estiveron traballando a reo. Eles queren compartir con todos nós esta interesantísima actividade feita en LIM. 

Clica na imaxe.

miércoles, 8 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS (CEIP FRIAN TEIS)

Mirade que actividade máis chula deseñaron os nosos compañeiros do CEIP Frian Teis. Parabéns para eles... Moitas grazas por compartir.

Clica na imaxe.

martes, 7 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

Acércase o 17 de maio... Nesa data celebramos o Día das Letras Galegas.
Celebramos esta sinalada data (instituida en 1963 pola Real Academia Gallega) para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola  súa creación literaria no idioma galego o pola súa defensa da nosa lingua).

Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos dende o seu falecemiento.
Dende a instauración desta celebración cultural, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas y Mendinho, famosos polas súas cantigas.

A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, se publicou en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.
Este ano, Roberto Vidal Bolaño, é o artista a quen se lle adica esta especial honra.

Queres saber algo máis desta persoa? Clica nas imaxes de abaixo.


ROBERTO VIDAL BOLAÑO (CPI dos Dices en Rois)

Mirade que actividade tan divertida crearon no CPI dos Dices en Rois (preto de Santiago de Compostela)... Unha forma moi orixinal de transmitirnos moita información sobre un gran artista: Roberto Vidal Bolaño.